interestelar

Situado entre as estrelas

Etimoloxía

Palabra creada co prefixo de orixe latina inter- que significa 'entre' aplicado a “estelar” vocábulo que vén do latín tardío stellaris ‘que pertence á estrela’.

Exemplos *

“Xa lle dixen eu que este planeta non era o mellor sitio para estreitar lazos interestelares, meu comandante.” (Estévez: Galicia Hoxe, 5-4-2009)

“Sen máis instrumentos de navegación que os mapas interestelares e sen as mensaxes dos púlsares contaminando as computadoras de a bordo, dispúxenme a pilotar rumbo á Vía Láctea.” (Xosé Durán: O asasino invisible, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.