caixa do correo

Caixa que hai na oficina do correo e en distintos puntos da vía pública, onde se depositan as cartas para seren posteriormente recollidas e mandadas ao seu destino.

Etimoloxía

Concreción dun tipo especial de caixa, esta vén do latín capsa, –ae 'arca onde se gardaban os papiros'.

Exemplos *

"Camiño da caixa do correo pasei por diante da catedral." (Úrsula Heinze: Culpable de asasinato)

"Cando cheguei á caixa do correo o meu coeficiente de solubilidade excedía nun catrocentos por cento do habitual." (Aníbal C. Malvar: Un home que xaceu aquí)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.